30 de noviembre de 2011

O meu manifesto

Traballo, penso, volvo a pensar, poño en práctica, erro, volvo atrás, repito, practico outra vez, probo outra cousa, investigo, leo, navego por edublogues, tomo ideas, anoto, levo á practica, alédome, anoto os éxitos, pregúntome, respóndome, busco respostas, aprendo cada día, pregunto a compañeiros, pregunto ao alumnado, deixo que me pregunten, axudo a topar respostas, facémonos preguntas xunt@s, investigamos xunt@s, buscamos aquello que nos fai sentir ben, sorrimos, ás veces choro, moitas veces río, outras entristezo, volvo a intentalo, compartir, apostar, aportar, ideas pola cabeza bolborotean, creo que necesitan espazo, eu tamén, busco máis sitio, cambio os mobles, quito mesas, traio mesas grandes, espazos amplos, zonas, decoramos, intelixencias múltiples, emocións, golpes, dor, luz, cor, estímulos sensoriais, preguntas, ramalazo punk, orde e desorde, desorde, materiais diversos, soños, ilusións, nervos, motivacións, páxinas, blogue, edmodo, páxina do cole, internet, informática, libro non, cores, pinturas, pegatinas, máis pegatinas, instrumentos, máis instrumentos, casting, aula aberta, xogos de sombras, música, silencio, preguntas, disrupción, desorde (outra vez, si), risas (moitas veces), olvidos, recordos e abrazos, tamén hai abrazos.



3 comentarios: