6 de diciembre de 2011

O APALPADOR


O Apalpador representa a figura mítica dun Carboneiro, que segundo a tradición baixa do monte na noite do 31 de decembro a tocar a barriguiña dos nenos e nenas e comprobar se comeron o suficiente durante o ano deixándolles un monte de castañas e algún agasallo para desexarlle un ano novo cheo de felicidade e alimentos.
É unha figura popular nas montañas ao este de Galicia (O Courel, Terras de Trives, O Bierzo) que se mantivo no esquecemento baixo a influencia de personaxes doutras culturas.
Hoxe en día está en proceso de recuperación.
Cantiga do Apalpador:
Vaite logo, meu meniñ@                        
marcha agora para a camiña                   
Que vai vir o Apalpador                         
a apalparche a barriguiña                               
Xa chegou o día grande
día do noso Señor.
Xa chegou o día grande
e virá o Apalpador.
Mañá é día de cachela,
que haberá gran nevarada
e ha vir o Apalpador
cunha chea de castañas.
Por aquela cemba
xa ven relumbrando
o señor Apalpador
para darvos o aguinaldo



Info e  imaxe recollida na web do Albergue O Apalpador

1 comentario:

  1. Premendo na imaxe do Apalpador accédese a unha interesante escolma de enlaces relacionados coa figura deste persoaxe e a súa aplicación na escola
    Saudiños e ide para a cama coa barriga ben chea!
    =)

    ResponderEliminar