20 de marzo de 2012

Cancións e máis cancións! Cal escoller?

Moitas veces, moitas, pregunto ao meu alumnado qué é o que quere facer.
Gústame investigar, anotar, ter en conta cales son as súas opcións.
Moi poucas veces eles contestan... agora máis, todo hai que dicilo, pode ser que comecen a afacerse a este xeito de traballar.
Hoxe, na aula de 4ºA non tiven que preguntar nada. Eu levaba unha proposta diferente... pero a que ofreceron eles... me pareceu oportuno.
Busquei o vídeo que dixeron: "Pon en youtube balada boa" e alá que eu fun:


Eu non sei que poderías pensar ti... mais eu dudei. Dudei polo contido da letra... máis ou menos explícito do que busca o cantante coa moza á que lle pide que lle chame... ao final... iso é o que buscamos todos... dalgun ou outro xeito...
Non entrarei a seguir valorando iso, senón a parte didáctica, á que me interesa.
Despois de ver o vídeo... había unha sensación de bo rollo na aula, querían bailar, querían montar unha coreografía.
Comezaron a falar diso e de montala para final de curso (para o festival) sí pero...
"Primeiro temos que analizala" dixeron... 
E a analizamos....
Despois improvisamos puntos e movementos...
Estivo ben.
O próximo día continuamos, pode que analicemos a letra entón... e falaremos dos sentimentos. 
Xa contarei.

No hay comentarios:

Publicar un comentario