16 de marzo de 2012

Soundcloud


Xa tiña ganas de probar esta app e agora coméntovos as miñas primeiras impresións.
É de balde e podes descargala en itunes premendo na icona superior.
Gústame aspectos como que podes gravar agora e editar máis tarde.
Ademáis, permite a opción de deixar as pistas en privado ou públicas.
Probei a compenetración con Twitter e foi con éxito.
Podes buscar e seguir a usuarios por estilo de música ou as túas amizades de Facebook.
Para insertalo en blogger resulta moi sinxelo pero o que máis me chamoi a atención é que conta con distintos formatos a escoller.
Vounos incluir aquí.

Cando premes en share tes moitas opcións, vendo esta imaxe xa te fas á idea. O máis sinxelo sería premer na icona do sitio web onde queres publicar a pista... ou copiar o código para incrustalo despois.
Temos unha opción interesante: a de Edit your widget


Dende aí podes editar o formato da pista a embedar escollendo a cor, se reproduza automáticamente, amosar a imaxe de perfil ou non. As opcions das 2 primeiras pestanas son gratuítas.
Así, tal como sinalo na imaxe anterior o resultado será:



Se escolles a pestana Flash, cando a insertes terá este aspecto:


O sapiño de 1C by MestraPrimaria


Preme na frecha se queres escoitar! ;)

Despois podes interactuar de moitos xeitos, marcando como favorito, facendo comentarios, permitindo comentarios, permitindo descargar a pista,...

Recomendable! ;)

No hay comentarios:

Publicar un comentario