12 de abril de 2012

Unha de fotos! ;)

Seguindo na proposta das Guappis, nesta ocasión céntrome nas Apps de fotografía.

Aproveito para amosarvos distintos exemplos coa visita do escritor Fran Alonso @franalonso ao meu colexio o mes pasado e outros traballos recentes.


PicWall e PhotoSurface permiten crear montaxes tipo mural. O primeiro é mais completo pois ademáis de distintas plantillas de fondo ofrece maior número de bordes para as fotos.


PICWALL






PHOTOSURFACE



PolyFrame e Nostalgio permiten crear unha montaxe de varias fotos nunha como os típicos marcos de fotos para varias imaxes. PolyFrame é máis completo porque podemos modificar forma e tamaño de cada unha das imaxes por separado despois de escollera un formato entre as versións existentes.


POLYFRAME


E


NOSTALGIO




Shape Collage permite crear unha montaxe con moitas fotos de xeito automático, só terás que escoller as fotos, a forma ou contorno de entre moitas creacións diversas e xa está. Tamén temos a opción de escribir texto… pero con límite de 10 letras.







Con HOPE Poster! Podemos crear portadas ou cartaces. Permite escribir un pequeno título e efectos de cores, con versión sinxela ou experta se preferimos calibrar nós os tonos e brillos.



De ComicBook xa teño falado pero non pode faltar nesta lista. Me gusta moito esta aplicación porque permite crear montaxes de páxinas tipo cómic con moitas versións de formato pero tamén de cores e estilos tipo manga ou sincity, ou cómic ao máis clásico estilo.




No hay comentarios:

Publicar un comentario